top of page

Proxecto Ecolóxico

Unha iniciativa do colexio salesiano da Coruña

Desde o Colexio Salesiano San Xoán Bosco da Coruña queremos contribuír a mellorar e a coidar o medio ambiente, así como a fomentar un desenvolvemento sustentable. Somos conscientes da importancia de previr a contaminación, de utilizar os recursos de forma sustentable, de mitigar o cambio climático así como de protexer os ecosistemas e a biodiversidade.


O curso pasado, 2018-2019, xa incluímos a educación mediambiental dentro dos nosos currículos levando a cabo o proxecto EcoBosCoru. Este proxecto tivo moitísimo éxito. Os alumnos/as colaboraron e participaron en tódalas actividades que se propuxeron con entusiasmo. É por iso que se avanzou na concienciación do alumnado sobre a importancia de coidar o noso fogar, a nosa casa. Dende o Concello da Coruña recibimos as felicitacións, por parte da entón Concelleira de Medio Ambiente, María García, polo traballo que desenvolvimos.

Este novo curso 2019-2020 gustaríanos seguir traballando a importancia do coidado do medio ambiente dende a nosa casa. É por iso que a Don Bosco Green Alliance acaba de ficharnos para formar parte do proxecto ecolóxico internacional dos Coles Salesianos!!

Deste xeito, o noso proxecto EcoBosCoru cambia de nome, e vai a chamarse BoscoGreen.

bottom of page