top of page

Compromisos

Compromisos1.jpg

Dende BoscoGreen propoñémonos tres grandes obxectivos:

1.Transformar o Proxecto EcoBosCoru na política ambiental do Cole, que vai estar centrada na consecución dun sistema de separación de residuos e de reciclaxe.

2. Concienciarnos da importancia de xerar menos residuos mediante un desfile de moda sustentable. Nel desfilarán os/as modelos con deseños de roupa e de complementos elaborados, a partir de residuos plásticos, polo alumnado e tamén por antigos/as alumnos/as que se atopan actualmente formándose no mundo da moda.

3.Crear unha horta na que van aprender e divertirse os alumnos e alumnas de infantil.

Comprometémonos a cumprilos e a aplicar no noso día a día académico os seguintes principios de desenvolvemento sustentable para un crecemento económico limpo e ecolóxico:


1. Principio de responsabilidade ambiental: todas e todos debemos ser conscientes das nosas actuacións e de que podemos mellorar a nosa contorna.


2. Principio de prevención: evitamos desastres ecolóxicos a partir das nosas actuacións diarias responsables.


3. Principio de substitución: tratamos de evitar o uso de substancias perigosas por outras menos contaminantes, ademais de aplicar bos prácticas de consumo enerxético que leven ao aforro e á eficiencia enerxética.


4. Principio de coherencia: as nosas actuacións do día a día reflicten o espírito ambiental do Colexio que buscamos conseguir.


5. Principio de cooperación: só a través da colaboración e a concienciación colectiva será posible alcanzar os obxectivos ambientais marcados.

bottom of page