BOSCOGREEN
SEPARACIÓN DE RESIDUOS
A principio de curso todas as clases crearon os seus contedores para separar nas aulas os residuos que xeramos. Todas as aulas, talleres e salas de profes dispoñen dunha caixa decorada para poder separar o papel e unha papeleira tamén decorada para separar o resto de residuos.
No mes de outubro a empresa “Ecoembes” facilitounos 15 contedores como estes que repartimos polo centro. Contamos con que “Ecoembes” nos poida continuar facilitando máis contedores destes porque son moi cómodos e axúdannos moito a separar. Ogallá teñamos máis o curso que ven!!
Tamén no patio imos separar residuos. Pensamos que pouco papel imos xerar no patio, xa que normalmente estamos xogando ou comendo. É por iso que nesta área decidimos poñer as papeleiras....

Creando os contedores



Creando os contedores






