BOSCOGREEN

Actividades medioambientais
Para alcanzar os obxectivos que nos propuxemos, comprometémonos a adoptar as seguintes medidas ambientais:
-
Reducir, na medida do posible, o uso de plásticos dun só uso no Colexio.
-
Empregar os Bos Días como ferramenta de difusión e motivación para tratar a temática ambiental nos Bos Días, poñendo en valor actitudes de respecto e coidado do medio ambiente.
-
Crear unha horta escolar no patio interior de Educación Infantil co que aprender e observar os procesos naturais.
-
Evitar imprimir todos aqueles documentos que non sexan estritamente necesarios.
-
Crear un vídeo de conciencación "Plásticos Fóra", por parte dos alumnos de 4º da ESO, para poder animar a toda a Comunidade Educativo Pastoral a deixar de empregar tanto os plásticos.
-
Crear unha páxina web, por parte dos alumnos de 2º de bacharelato, para dar a coñecer o traballo do equipo BoscoGreen a toda a Comunidade Educativa-Pastoral.
-
Facilitar a reciclaxe a través da colocación de tres tipos de papeleiras que permitan a separación de: papel-cartón, plásticos-envases e residuos orgánicos.


-
Formar, comunicar e educar aos distintos membros da Comunidade Educativo-Pastoral na práctica ecolóxica (alumnado, profesorado, persoal de administración e servizos e familias).
-
Ambientar as aulas e corredores con cartelaría ecoloxista e de consumo responsable dos recursos.
-
Fomentar actividades ecolóxicas, como un desfile de roupa elaborada con residuos plásticos para concienciar da importancia de reducir os residuos que xeramos.
-
Reducir o impacto ambiental do Colexio derivado do uso de electricidade, calefacción e auga.
-
Contextualizar actividades plantexadas ós alumnos no tema da ecoloxía e a optimización de recursos.