top of page

A política ambiental do Colexio pretende explicitar a forma coa que nos relacionamos desde o Colexio educativo co medio ambiente,  os recursos naturais e a sociedade.

Desde a Comunidade Educativo-Pastoral do Colexio Salesiano comprometémonos a minimizar no posible todo impacto ambiental así como os residuos xerados, e apostamos pola reutilización e a reciclaxe dos materiais.

En base a todo iso, os membros que formamos a Comunidade Educativo-Pastoral propoñemos os seguintes dous obxectivos:

  • Tomar conciencia da importancia de respectar o medio ambiente a partir das actuacións e decisións que tomamos no noso día a día.

  • Actuar consecuentemente modificando os nosos hábitos diarios para alcanzar así un maior respecto ambiental.

 

Podes descargar a nosa política ambiental completa dende aquí.

Política.jpg

Política Medioambiental

bottom of page