Rúa Hospital, 14, 15002 A Coruña, España

CPR  Plurilingüe Salesiano San Juan Bosco

Tel: 981 203 550 - Fax: 981 220 901

Páxina Web: http://www.salesianos-coruna.es/es/colegio

Correo de contacto: colegio@salesianoscoruna.es

Correo da coordinadora de BoscoGreen: eveiga@salesianoscoruna.es

DESFILE DE MODA SUSTENTABLE

O vindeiro 7 de Febreiro ás 20 horas faremos un desfile de moda (de balde) con roupa deseñada e feita polo alumnado de Tecnoloxía que cursa 3º da ESO, xa que teñen dentro da materia un tema dedicado aos plásticos. 
Ademais, como no noso Cole nos sentímonos coma na casa, e coidamos non só de todos os compañeiros e compañeiras, senón que tamén dos/as antigos/as alumnos/as, s algunha delas tamén participarán neste desfile: Paula Vicente que actualmente está cursando o Grao de Deseño e Moda botaranos unha man cos seus estupendos deseños.

 

 

 

 


Ademais podemos presentar de forma artística os resultados derivados do tema 3, titulado “Plásticos e outros materiais”. No mesmo, o alumnado está chamado a reflexionar sobre a presenza dos plásticos na vida diaria, entender como se producen e os usos que se lles poden dar na industria e nas empresas, ademais de aprender sobre como manipulalos.

Este desfile enmárcase dentro das actividades do BoscoGreen deste curso, xa que este programa medioambiental ten na concienciación sobre a redución do uso dos plásticos e dos seus residuos unha das súas bases. 

Co desfile preténdese facer visible a cantidade de residuos plásticos que están presentes na nosa vida, e deste xeito, contribuír á concienciación de que hai que reducir o seu uso no noso día a día.

Esta iniciativa enmárcase dentro da Axenda 2030 de Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, e forma parte das actividades propostas polo equipo BoscoGreen encargado da política ambiental do Colexio.


Entendemos, ademais, que o feito de convidar a participar como deseñadora a Paula Vicente, antiga alumna, axuda a que o alumnado actual sinta como o Colexio sigue presente nas vidas dos e das que xa non están estudiando con nós e se seguen formando noutras escolas ou universidades para ser “bos cristiáns e honrados cidadáns.

A Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña, a través do seu profesor e investigador Fernando de Llano, colabora nesta iniciativa a través do asesoramento en materia de divulgación científica e de implantación da política ambiental no Colexio

Contactamos con empresas que traballan en temas de moda, sustentabilidade, xestión de residuos e de respecto ambiental para que nos acompañen. Desta forma iniciativas empresariais e deseñadores noveis da nosa cidade exporán os seus deseños, prototipos e deseños de novos materiais sostibles. 

A resposta foi moi positiva e algunhas destas empresas coruñesas acompañarannos no desfile. Confirmaron a súa presencia ECOEMBES -dedícase á xestión de residuos-, ITFAB -dedícase á impresión en 3D con materiais reciclados- e Flaco Studio -deseña moda sustentable-."

ESPERAMOS VERVOS ALÍ!!! Podedes reservar as vosas entradas solicitándollas ós organizadores do evento: Alumnado de 3º da ESO ou de 1º de Bacharelato ou a profesora Estela Veiga. Non deixes de vir porque non teñas entrada tamén podes conseguila o día do desfile na porta do teatro do colexio!A entrada non costa nada, é de balde!

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now