DESFILE DE MODA SUSTENTABLE

O pasado 7 de Febreiro ás 20 horas tivo lugar un desfile de moda (de balde) con roupa deseñada e feita polo alumnado de Tecnoloxía que cursa 3º da ESO, xa que teñen dentro da materia un tema dedicado aos plásticos. 
Ademais, como no noso Cole nos sentímonos coma na casa, e coidamos non só de todos os compañeiros e compañeiras, senón que tamén das antigas alumnas, invitamos a Paula Vicente que actualmente está cursando o Grao de Deseño e Modaa participar no desfile, botándonos unha man cos seus estupendos deseños.

 


Ademais puidemos presentar de forma artística os resultados derivados do tema 3, titulado “Plásticos e outros materiais”. No mesmo, o alumnado está chamado a reflexionar sobre a presenza dos plásticos na vida diaria, entender como se producen e os usos que se lles poden dar na industria e nas empresas, ademais de aprender sobre como manipulalos.

Este desfile enmarcouse dentro das actividades do BoscoGreen deste curso, xa que este programa medioambiental ten na concienciación sobre a redución do uso dos plásticos e dos seus residuos unha das súas bases. Esta actividade tamén se enmarca dentro da Axenda 2030 de Obxectivos para o Desenvolvemento Sustentable

Co desfile pretendíase facer visible a cantidade de residuos plásticos que están presentes na nosa vida, e deste xeito, contribuír á concienciación de que hai que reducir o seu uso no noso día a día.

A maiores do alumnado de 3º da ESO, participaron no desfile alumnos de 1º de Bacharelato, que aproveitaron ademais o evento para recadar cartos para a súa saída a Italia. Os máis maiores, ademais encargáronse de todos os aspectos técnicos (luces, sons, gravacións, fotografías...) desfilaron cunha colección de roupa, tamén realizada con materiais do contedor amarelo, realizados pola deseñadora Paula Vicente. Entendemos, ademais, que o feito de convidar a participar a Paula, antiga alumna, axuda a que o alumnado actual sinta como o Colexio sigue presente nas vidas dos e das que xa non están estudiando con nós e se seguen formando noutras escolas ou universidades para ser “bos cristiáns e honrados cidadáns.

Participaron tamén algunhas alumnas de Educación Infantil.

No desfile, cada unha das 10 coleccións levou o nome dunha zona verde, dun museo científico ou dunha praza pública da Coruña. Durante a presentación de cada colección déronse unha serie de recomendacións para coidar e respectar cada unha destas zonas. Con iso pretendíamos poñer en valor estes espazos, con elevado significado simbólico, ecolóxico e paisaxístico. Buscouse amosar o compromiso ambiental do alumnado do Cole coa súa cidade.

Dicir tamén que colaboraron co desfile varias empresas que son referentes en canto á xestión de residuos e desenvolvemento de novos materiais e deseños sustentables. Deste xeito iniciativas como ECOEMBES (empresa de recollida e xestión de residuos), ITFAB (impresión con 3D empregando plástico reciclado), Flaco Studio (espazo multidisciplinar onde o arte, a moda e o deseño atópanse con causas sociais e ambientais) e Salpax (empresa que fabrica coiro reciclado) participaron no desfile.

A iniciativa foi un éxito rotundo. Colgouse o cartel de “aforo completo”, polo que máis de medio millar de persoas, entre familias, outros alumnos do cole e outros coruñeses e coruñesas desfrutaron da actividade. A organización implicou a máis de 100 persoas entre alumnado, profesorado e persoal de apoio. A verdade é que o desfile non deixou a ninguén indiferente. A Alcaldesa da Coruña e a concelleira de medio ambiente felicitaron ó Colexio por esta actividade tan coidada de educación ambiental. E as familias desfrutaron do bo facer dos seus fillos, que sorprenderon a nais e pais cos seus deseños de moda sustentable.

Ademais de todo isto os alumnos de 1º de Bacharelato conseguiron recadar 561,5€!! Moitas gracias!!

 

A repercusión nos medios de Coruña foi moi importante. Ó día seguinte o desfile foi portada en “La Opinión de A Coruña”, na que saía unha foto das nenas de infantil que participaron no desfile xunto co poderoso titular “Un desfile por el futuro del planeta”. Xa en páxinas interiores expuñan a intrahistoria do desfile e todo o que significou para o alumnado, para nais e pais, para o Cole a para a cidade, da man dos alumnos do colexio Nuria García e Daniel Osorio (de 3º B da ESO). O subtítulo da noticia non era outro que “El colegio Salesianos reivindica la moda sostenible y convierte su teatro en una gran pasarela sobre la que 75 alumnos desfilaron con ropa hecha con plásticos y residuos”. Ademais neste xornal pódese atopar unha selección de fotos de varios momentos do desfile e de momentos previos en camerinos.

Pola súa parte, La Voz de Galicia, fíxose eco na sección de “El pulso de la ciudad”. É a contraportada de La Voz de A Coruña que tamén destacaba o positivo dunha iniciativa de educación ambiental que ofrece o propio alumnado para toda a comunidade educativa.

O mércores 12 de febreiro Paula Moar e Rubén Bermúdez (de 3º A da ESO), xunto con Estela Veiga, participaron no programa de radio “Voces de A Coruña”, da cadea de Radio Voz. Entrevistáronos na súa sección “Vida sin plásticos” entre as 10:30h e as 11h. Foi un momento moi especial para eles, e serviu para que todos os que non se enteraran na cidade da Coruña, coñeceran de primeira man a iniciativa educativa, xa que este programa é líder de audiencia na súa franxa horaria na cidade.

Aquí vos deixamos algúns enlaces ás novas que se publicaron dixitalmente: https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2020/02/08/desfile-futuro-planeta/1475315.html

https://www.laopinioncoruna.es/multimedia/fotos/a-coruna-metro/2020-02-08-180093-colegio-salesianos-reivindica-moda-sostenible-convierte-teatro-gran-pasarela-sobre-alumnos-desfilaron-ropa-hecha-plasticos-residuos.html https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2020/02/07/desfile-plastico/00031581090290856240479.html

https://www.radiovoz.com/archivo/7/vocesdeacorunha/

Rúa Hospital, 14, 15002 A Coruña, España

CPR  Plurilingüe Salesiano San Juan Bosco

Tel: 981 203 550 - Fax: 981 220 901

Páxina Web: http://www.salesianos-coruna.es/es/colegio

Correo de contacto: colegio@salesianoscoruna.es

Correo da coordinadora de BoscoGreen: eveiga@salesianoscoruna.es

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now
IMG_0854